A Xunta renuncia á Lei Paz Andrade de fomento da lusofonía

A Xunta renuncia á Lei Paz Andrade de fomento da lusofonía

A Xunta renuncia á Lei Paz Andrade de fomento da lusofonía

A portavoz de Universidade, Cultura e Lingua do Grupo Socialista, Concepción Burgo, denunciou hoxe a “falla dunha aposta clara e decidida” da Xunta polo cumprimento da Lei Paz Andrade de fomento da lusofonía en Galicia. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Política Lingüística hoxe en Comisión parlamentaria.

A responsable socialista advertiu “ningunha aposta verdadeira polo cumprimento nin polo impulso” desta norma por parte dun goberno que “non pon medios para que haxa un crecemento” do estudo do portugués en Galicia. Sinalou neste sentido que na última Oferta Pública de Emprego “non incluíron nin unha soa praza de portugués”, co que “non hai profesores suficientes”.

A consecuencia é un incremento pírrico na elección desta lingua como segunda opción no ensino público, que apenas chega ao 1 por cento do alumnado galego, demostrando que “non hai vontade, só hai un pasar por enriba” no cumprimento desta obriga legal.

Burgo sinalou que a lei marca o “carácter estratéxico” das relacións de Galicia nos eidos lingüístico e culturais, pero tamén económicos, sociais e políticos cos países da lusofonía, pero o goberno galego “está desaproveitando as posibilidades que ofrece un amplísimo mercado para a nosa cultura e a nosa economía”, e acusou ao goberno galego de “non dar ningunha explicación sobre estas accións da Xunta.

Neste senso, considera que se houbera vontade política de cumprir a Lei tería que haber un coordinador do goberno galego na acción estratéxica cos países lusófonos, unha figura que non existe e polo tanto “ninguén está desenvolvendo o impulso necesario da Lei e das posibilidades culturais e económicas que ofrece”.

Por outra parte, dixo que a presenza do Consello da Cultura Galega como observador consultivo na comunidade de países de lingua portuguesa, se ben é positiva, non é suficiente. Reclamou, como fixera no seu día o presidente socialista Emilio Pérez touriño, a actuación necesaria para que Galicia figure como observador asociado, abrindo a porta ás verdadeiras relacións políticas e económicas cos países de lingua portuguesa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar