A Xunta quere desmantelar a Área Sanitaria de Valdeorras

A Xunta quere desmantelar a Área Sanitaria de Valdeorras

A Xunta quere desmantelar a Área Sanitaria de Valdeorras

A deputada socialista Noela Blanco acusa ao goberno galego de utilizar a reforma da Lei de Sanidade, iniciada en pleno mes de agosto, para “consolidar o desmantelamento da área sanitaria de Valdeorras”. A deputada socialista denunciou hoxe un “ataque sen precedentes” á sanidade pública da provincia e esixiu a “rectificación” na política de supresión de servizos da Xunta.

A responsable socialista advertiu que o PP leva “oito anos de castigo, de marxinación, recortes e supresión de servizos sanitarios” na provincia de Ourense, como o caso da desaparición de cirurxía pediátrica en toda a provincia, unha situación que se replica en Valdeorras, que continúa a sufrir a supresión de servizos e especialidades sanitarias.

Acusou ao goberno galego de “manter a súa folla de ruta” de recortes “por moito que se empeñen en disfrazalos de fusión de servizos” e reclamou que “comecen a chamar ás cousas polo seu nome”.

Blanco comprometeu hoxe o apoio do PSdeG ás iniciativas da Plataforma pola Sanidade Pública de Valdeorras, que “demostra que a cidadanía non pode ser enganada” e está disposta a “chegar ata o final para defender un servizo público de calidade”.

Advertiu que “por moito que a Xunta quixera agochar esta reforma legal tramitándoa en agosto para evitar un outono quente, a contestación social que están a recoller augura que van ter un verán, un outono e todo un ano 2018 quentes como continúen con estas políticas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar