A Xunta debe presentar probas da suposta trama de terrorismo incendiario

A Xunta debe presentar probas da suposta trama de terrorismo incendiario

A Xunta debe presentar probas da suposta trama de terrorismo incendiario

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou unha iniciativa parlamentaria nas que lle reclama ao goberno galego “informe dos indicios dos que dispón para falar dunha suposta trama de terrorismo homicida respecto da vaga de lumes”. Alerta das discrepancias co fiscal especial de Medio Ambiente, que desminte “nada semellante a unha trama” e reclámalle á Xunta que aclare a súa versión “para tranquilidade de tódolos galegos e galegas”.

A responsable socialista sinala que “estamos seguros que o presidente conta cunha base sólida sobre a que sustentar unha acusación da gravidade” da que ten manifestado, apuntando a un “conxunto de persoas, disque organizadas, que desenvolven ano tras ano esa actividade incendiaria homicida”.

Vilán lembra que o propio Feijóo ten citado a un suposto terrorismo incendiario que, indica, “todo segundo a versión do goberno galego, desenvolveron accións simultáneas que poderían dar lugar a afirmar que estamos ante unha trama organizada”. Por iso asegura que “o goberno galego non terá ningún problema en remitirlle ao Parlamento, antes de que remate o mes de novembro, un informe” cos indicios de que dispón.

Fiscal

Amosa sen embargo a súa sorpresa por que o fiscal especial de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, se teña demostrado “moito máis prudente que o propio presidente da Xunta de Galicia” sinalando que “non temos indicios de que nunha situación de caos incendiario a xente aproveite para queimar máis”.

O propio García Ortiz repite que nestes momentos resulta “mellor optar pola calma e a mesura e deixar traballar aos investigadores para ver se esa idea imaxinaria da trama é verdade”. Engade que logo de anos de investigación “non atopamos nada semellante a unha trama” e continúa que “non temos datos para entender que haxa unha organización ou concerto de persoas para provocar en si o mesmo dano”.

A parlamentaria socialista advirte unha “discrepancia de fondo entre a versión do presidente da Xunta e as afirmacións da fiscalía, que claramente aportan sentidiño e –engade Vilán- dificilmente facer responsables aos incendiarios que nos asolan pode converterse na versión oficial”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar