A Xunta presenta unha Lei de Portos desfasada, decepcionante, prepara o terreo para chiringuitos e barra libre ás concesións privadas

A Xunta presenta unha Lei de Portos desfasada, decepcionante, prepara o terreo para chiringuitos e barra libre ás concesións privadas

A Xunta presenta unha Lei de Portos desfasada, decepcionante, prepara o terreo para chiringuitos e barra libre ás concesións privadas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou hoxe a emenda de devolución do proxecto de Lei de Portos de Galicia que vén de presentar o goberno galego na Cámara autonómica. Advirte que a proposta “está desfasada, é decepcionante, prepara o terreo para a proliferación de chiringuitos portuarios e dá barra libre nas concesións ás empresas privadas”.

Toja explicou que se trata dunha norma que leva xa tres anos de tramitación no Executivo autonómico, garantindo que “moitos dos informes presentados en orixe estean desfasados”. Ademais, considera que se trata dun texto “decepcionante” que, a pesares da súa extensión -147 artigos- non supón impacto orzamentario, social ou ambiental, e que deixa sen regular aspectos como as taxas portuarias.

Criticou que estea “baseada nun modelo de portos como entidade pública empresarial, o que entre outras cousas permitirá crear un número indeterminado de empresas públicas portuarias". Explica que Portos obtén os seus recursos “vía taxas e subvencións, que supoñen o 50 por cento do total de ingresos”, polo que “non parece razoable que sexa unha entidade pública empresarial con criterios económicos e de beneficios.

Barra libre

Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”, e sinalou que mentres a UE establece un prazo máximo de 5 anos para estas concesións -“excepcionalmente o necesario para recuperar os investimentos”-, a Lei actual fixa o prazo en 30, pero a nova norma o amplía ata 50 prorrogables ata 75. Criticou que a regulación sexa “excesivamente xenerosa coa participación da iniciativa privada sen que se teña en conta a defensa dos intereses xerais”.

Resumiu que “estamos ante un Goberno que pon os intereses privados por riba dos públicos en canto ás concesións, á creación de empresas portuarias e ao modelo de xestión empresarial”.

Finalmente, advertiu que a proposta de Lei “non contempla a necesaria coordinación e participación das administracións locais, e incluso pode colisionar co principio de autonomía local”. Neste sentido explicou que “deixa ás administracións locais nun segundo plano, impoñendo consideracións urbanísticas peculiares, problemáticas e non pactadas, prexudicando ás administracións locais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar