Xunta e PP usan a Confraría de Carril como "arma política en B contra o Concello"

Xunta e PP usan a Confraría de Carril como "arma política en B contra o Concello"

Xunta e PP usan a Confraría de Carril como “arma política en B contra o Concello”

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe a Xunta e PP de utilizar a Confraría de Carril como “arma política en B contra o Concello de Vilagarcía”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión Parlamentaria na que criticou que “alimenten o conflito por interese político local”.

Dixo que a precaria situación do PP vilagarcián explica a clamorosa pasividade da Consellería de Pesca fronte ás irregularidades, dificultades e tensións internas no pósito arousán cando “teñen unha responsabilidade bastante obvia no que ten que ver coa conflitividade máis alá de limitarse a notificar un problema”.

Criticou que en lugar de traballar para resolver esta situación, a realidade é que “a Consellería está coma sempre pasiva” e advertiu fronte á tentación de “utilizar unha ferramenta como a Confraría para facer outro tipo de guerras”. Fixo unha chamada ao diálogo e á redución do conflito, amosando a súa “sorpresa” polas declaracións do goberno, considerando positivo que o conflito se manifeste.

Torrado sinalou que “sempre que a Consellería di que traballa dende o minuto un –coma no caso do Laboratorio de Bivalvos- en realidade hai problemas”, como neste caso unha conflitividade crecente que están alimentando e non están sendo capaces de parar”. Puntualizou que “se traballando dende o minuto un estamos así, entón están traballando mal”.

Engadiu o “interese político” no conflito cando “vemos que hai unha das partes que fala ben do PP, e moi mal de tódolos demais”, polo que “a lectura que fai calquera cidadá é a do interese político na manipulación da organización”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar