A Xunta debe poñer en marcha canto antes o servizo de atención psicolóxica nos xulgados ás vítimas de violencia de xénero

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle á Xunta que poña en marcha o servizo de atención psicolóxica ás vítimas de violencia de xénero nos xulgados galegos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral á Xunta que presentou no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

Reclamoulle ao conselleiro que explicara se estes profesionais serán contratados de forma directa polo goberno galego ou replicarán o convenio co Colexio Oficial de Psicólogos, como estaba sucedendo ata agora. Así o dixo logo de que o conselleiro explicara que o servizo estaba en marcha dende o 1 de marzo, se ben non está en marcha pola folga da xustiza e o contrato tampouco aparece no portal de transparencia da Xunta.

Este servizo, lembra, foi garantido de forma provisional ata o remate do convenio, no pasado mes de xaneiro, e estivo baleiro ata agora. Lembrou o acordo do Parlamento do pasado 28 de febreiro a instancias dos socialistas de Galicia para garantirlle ás vítimas atención psicolóxica e acompañamento xudicial personalizado.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar