A Xunta paraliza o Centro de Alta Resolución de Lalín

A Xunta paraliza o Centro de Alta Resolución de Lalín

A Xunta paraliza o Centro de Alta Resolución de Lalín

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que comece as obras de construción do Centro de Alta Resolución de Lalín, no Alto de Vales. O responsable socialista presentou esta iniciativa logo dun encontro, esta semana, co alcalde e o tenente de alcalde, Rafael Cuíña e o socialista Nicolas González, respectivamente.

Torrado criticou a “obvia intencionalidade do PP de utilizar as necesidades sanitarias dos veciños e veciñas de Lalín e a contorna como ferramenta electoralista pero con nulas intencións reais de dar unha resposta, así como de bloquear as accións e iniciativas do goberno municipal”.

Sinalou que o cambio de goberno municipal na localidade “provocou o cambio de actitude na Consellería de Sanidade”, que se negou dende 2015 a recibir ao alcalde ou a membros do seu goberno para desbloquear a infraestrutura e utilizar os terreos adquiridos polo goberno municipal para este proxecto.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que responda ás cuestións demandadas polo Goberno Municipal de Lalín “e recibir aos seus representantes para explicar o procedemento a seguir”, ademais de “clarexar publicamente a posición do Goberno de Galicia sobre a necesidade de mellorar os servizos sanitarios en Lalín a través da construción do CAR”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar