A Xunta ofrece axudas insuficientes para o fomento do emprego nos concellos

A Xunta ofrece axudas insuficientes para o fomento do emprego nos concellos

A Xunta ofrece axudas insuficientes para o fomento do emprego nos concellos

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, considerou hoxe “absolutamente insuficientes” as axudas convocadas polo goberno galego para apoiar á inserción laboral nos concellos galegos. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que tivo lugar na Comisión de Economía celebrada hoxe.

Rodríguez Rumbo sinalou que a Xunta apenas destinou 1,3 millóns de euros a este programa que, divididos entre os 314 concellos, supón unha media de 4.140 euros para que os concellos contraten a persoal apenas 3 meses a tempo completo ou 6 a tempo parcial. Rodríguez Rumbo comparou estas axudas cos 3 millóns de euros destinados pola Deputación para os 82 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

A deputación establece unhas axudas de 36.000 euros de media, que oscilan entre o mínimo de 19.000 e o máximo de 52.000 euros para estes contratos, unha contía cunha “diferenza cuantiosa e importante” e que “parece máis razoable”.

Ademais criticou o momento escollido polo goberno galego para facer esta convocatoria, publicada o 8 de maio con apenas un mes de prazo para presentar as solicitudes e ters meses máis para a resolución e notificación.

Lembrou que “os concellos necesitan coñecer as achegas para facer as súas programacións e subvencións propias”, co que a “convocatoria tardía e con contías baixas” faille un “fraco favor” ás entidades locais e por extensión ás persoas que deberan verse beneficiadas destas axudas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar