A Xunta, obrigada a suspender o novo macroconcurso de servizos de limpeza

A Xunta, obrigada a suspender o novo macroconcurso de servizos de limpeza

A Xunta, obrigada a suspender o novo macroconcurso de servizos de limpeza

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, cualificou hoxe de “burla” o macroconcurso de limpeza convocado pola Xunta e que polo seu tamaño impide a participación das pequenas e medianas empresas. No debate dunha proposta en Comisión, criticou que este proceso vén de ser suspendido por segunda vez nun ano, evidenciando unha “xestión desastrosa”.

O responsable socialista reclamou responsabilidades políticas e anunciou que dará parte ao Consello de Contas para fiscalizar un proceso ao que só poden concorrer as grandes corporacións do sector. Considera “máis que preocupante o camiño que está a seguir esta licitación”, na que o Executivo “demostra que non está por garantir a libre competencia nin por garantir a participación de tódalas empresas”.

Así o dixo durante o debate dunha Proposición non de Lei do Grupo Socialista que foi aprobada por unanimidade para reclamarlle ao goberno galego “facilitar o acceso das Pemes aos contratos públicos autonómicos con carácter xeral, e con carácter concreto no sector dos servizos de limpeza de edificios e locais”.

Díaz Villoslada considera “impresentable” que logo de que a Consellería de Presidencia renunciara o pasado 9 de xuño á subscrición dun macroconcurso de limpeza por 45 millóns de euros, a finais de xullo convocara un novo contrato de limpeza dos edificios administrativos dividido en un lote de 30 millóns de euros, outro de 373.000 e un terceiro de 242.000 euros, que vén de ser suspendido de novo.

Advirte que o lote máis grande afectaba á limpeza de 248.718 metros cadrados e máis de 250 traballadores en 13 localidades, o segundo afectaría a 37.000 metros e 16 traballadores e o último deles 15.274 metros cadrados e 7 traballadores.

Díaz Villoslada lembrou a obriga derivada das directivas comunitarias e da propia lexislación autonómica para que o goberno garanta a libre competencia e oportunidades económicas e laborais de todo o sector, incluíndo ás empresas máis modestas e non só ás grandes corporacións, como parece ser a intención da Consellería de Presidencia.

Advirte que en Galicia hai actualmente máis de 900 empresas encargadas do servizo de limpeza, que dan ocupación a en torno a 20.000 traballadores, a inmensa maioría deles mulleres.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta ao Goberno galego a facilitar o acceso das Pemes aos contratos públicos autonómicos con carácter xeral, e con carácter concreto no sector dos servizos de limpeza de edificios e locais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar