A Xunta, obrigada a devolverlle as contías que lle adebeda á Universidade de A Coruña

A Xunta, obrigada a devolverlle as contías que lle adebeda á Universidade de A Coruña

A Xunta, obrigada a devolverlle as contías que lle adebeda á Universidade de A Coruña

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, reclamoulle hoxe á Xunta que lle devolva as contías que lle adebeda á Universidade de A Coruña sen prexudicar ás de Santiago e Vigo. A responsable socialista preguntou no Pleno de hoxe pola execución da sentenza do TSXG contra o reparto do Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-15.

Daquela a Universidade de A Coruña resultou prexudicada con 7,5 millóns de euros menos que non lle foron abonados, tal e como vén de constatar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A responsable socialista reclamoulle ao conselleiro que cumpra co seu compromiso de devolver parte desta contía sen que iso repercuta negativamente ás de Santiago e Vigo.

Burgo esixiulle ao goberno galego “máis respecto e colaboración coas universidades galegas” logo das “inoportunas e inaceptables declaracións do secretario xeral” do Departamento en contra daquela Universidade “cando estaba reclamando os seus dereitos con razón, como confirmou posteriormente o TSXG”.

Reclamou que a Consellería “asegure que non se repitan estas situacións, que se deron precisamente por non respectar á Universidade de A Coruña nin aceptar sentarse a falar” cando advertían que “os cálculos de reparto foran realizados dunha forma unilateral e inmotivada por parte da Xunta”, como confirmou o alto tribunal. Lembra que a Xunta agochoulle á Universidade estes criterios de reparto ata o ano 2014.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar