A Xunta ten o novo Plan Forestal agochado nos despachos dende Xuño

A Xunta ten o novo Plan Forestal agochado nos despachos dende Xuño

A Xunta ten o novo Plan Forestal agochado nos despachos dende Xuño

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe á conselleira de Medio Rural o desbloqueo do borrador do novo Plan Forestal, que mantén “agochado nos despachos da Xunta” dende a súa presentación a finais do mes de xuño. O responsable socialista así llelo dixo hoxe no debate dunha interpelación presentada no Pleno do Parlamento.

Quiroga reclamou a posta en marcha do novo Plan, que debe substituír ao actual, que data de 1992 e se ten demostrado obsoleto, pero coa participación dos representantes do sector e dos representantes políticos. Advertiu que o texto co que conta o goberno galego foi elaborado pola empresa Tragsatec “sen a participación de asociacións, entidades, profesionais e ninguén cun interese no futuro forestal galego”.

Sinalou que, “por moito que o goberno galego diga que está recibindo aportacións para a elaboración do Plan, o certo é que nin o Consello Forestal, nin o sector madeireiro nin as asociacións ecoloxistas teñen visto diante o borrador, e polo tanto non puideron ofrecer aportacións para melloralo”.

O responsable socialista urxiu a realizar “un bo Plan Forestal, que constitúa o elemento central da loita contra o lume e que conte co máximo consenso, para o que é imprescindible a participación dos sectores implicados”. Sinalou que actualmente en Galicia hai 2,1 millóns de hectáreas de superficie forestal, das que 1,5 están ocupadas por bosques e distintos cultivos silvícolas.

Parcheo

Esta circunstancia fai imprescindible un novo Plan que dea “a resposta acaída aos retos d problemas que se suscitan en torno á superficie forestada e ás súas finalidades”. Apuntou ás “plantacións descontroladas de especies silvícolas en terras agrarias, ou a proliferación de certas especies ao albur de cada propietario, independentemente de que encaixen na paisaxe, edafoloxía, ecoloxía e mesmo para a dinámica socioeconómica”.

Criticou que ata o momento o goberno se teña limitado a “parchear a planificación de algo tan relevante como é a política forestal”, a través da Lei de Montes de 2012, a proposta de directrices para a revisión do Plan Forestal en 2015 ou diversos decretos “para regular diversos aspectos relacionados coa ordenación forestal”, e mesmo “outros que non pasaron do estadio de borrador”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar