A Xunta négase a suspender os circos con animais

A Xunta négase a suspender os circos con animais

A Xunta négase a suspender os circos con animais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamoulle hoxe ao goberno galego a suspensión dos permisos aos circos que utilicen animais salvaxes. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente para reclamar apoio aos 70 concellos que decidiron prohibir estes espectáculos.

A responsable socialista reclamoulle á Xunta que “actúe fronte ás empresas circenses que actúan de maneira reiterada sen permiso municipal” xa que, dixo, a falla de normativa provoca que estas empresas “desembarquen nas vilas galegas sen cumprir coas normas básicas de autorización municipal previa”.

Engade quje chegan a “presentar denuncias para tratar de forzar aos alcaldes e alcaldesas a regalar as conexións de subministros básicos ou, incluso, enganchándose aos mesmos con nocturnidade e alevosía”. Isto sucede, explicou, no Concello de Vilagarcía de Arousa, que prohibiu estes espectáculos e que “ten amosado o baleiro normativo e a falta de resposta do Goberno da Xunta de Galicia.

Sen medidas

Sinalou que a normativa actual non impide estas actividades expresamente, e criticou que a directora xeral de Patrimonio Natural se negara a tomar medidas ata a aprobación da Lei de Benestar Animal. Por moito que o proxecto sinale que “se prohibe o emprego e tenza de animais de especies silvestres nos circos”, explicou Vilán, polo momento o texto nin sequera comezou o seu trámite parlamentario e aínda queda lonxe o seu cumprimento.

Patricia Vilán advertiu que as deficientes condicións nas que se atopan estas especies poñen en perigo tanto o seu benestar como a seguridade das persoas que os acompañan. Advirte que malia que “o sector do circo comparte a sensibilidade, a estima e o respecto cara aos animais” a súa situación reflicte “unha crueldade e unha maneira de incrementar o tráfico ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar