A Xunta négase a recuperar a praza de enfermaría suprimida en Toén

A Xunta négase a recuperar a praza de enfermaría suprimida en Toén

A Xunta négase a recuperar a praza de enfermaría suprimida en Toén

A deputada socialista Noela Blanco lamentou hoxe a negativa do goberno galego a recuperar a praza de enfermaría suprimida no Centro de Saúde de Toén logo da xubilación dun dos dous enfermeiros que viñan traballando. Blanco presentou unha pregunta oral en Comisión na que denunciou a “racanería e criterios economicistas” impostos polo Sergas reducindo a calidade asistencial.

A responsable socialista advirte que a partir de agora haberá unha soa enfermeira e dous médicos traballando nun Centro de Saúde que atende a unha poboación de 2.377 habitantes cunha idade elevada e que viven en núcleos moi dispersos. Isto obrigaría a reforzar a atención sanitaria para permitir as visitas domiciliarias, mentres o goberno galego prefire “sobrecargar de traballo” á enfermeira que quedará na localidade.

Sinalou a resposta social que tivo esta medida, cunha campaña de recollida de firmas que en pouco máis dun mes recolleu 1.000 sinaturas, a metade de toda a poboación do Concello. Sinalou que “como será de grave a situación para que o propio alcalde, do PP, participe da recollida de sinaturas, e o tenente de alcalde fora á Delegación da Xunta a entregalas, sen que no goberno galego lle fixeran o menor caso”.

Noela Blanco chegou a pedirlle ao goberno galego que xa que non apoian á cidadanía a lo menos atendan ás demandas dun alcalde do seu mesmo partido, a quen, dixo, “deixan aos pés dos cabalos” ao confirmar que non repoñerán a praza.

Criticou que o goberno galego utilice a asignación dun enfermeiro a Barbadás como “escusa” para suprimir a praza de Toén. Aclarou que “non quitaron dun lado para poñer noutro, o que fixeron foi cubrir unha praza orzamentada en Barbadás que non se estaba cubrindo mentres suprimen a de Toén”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar