A Xunta mantén bloqueadas as negociacións das condicións laborais dos axentes forestais

A Xunta mantén bloqueadas as negociacións das condicións laborais dos axentes forestais

A Xunta mantén bloqueadas as negociacións das condicións laborais dos axentes forestais

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe ao goberno galego o desbloqueo das negociacións sobre un acordo que regule as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais de Galicia, paralizadas dende decembro.

O parlamentario socialista presentou unha interpelación no Pleno celebrado hoxe para urxir á Xunta que mellore unhas condicións laborais “ancoradas nun modelo propio dos anos 90”. Urxe ao goberno a ofrecer unha solución cando o anterior acordo, de 2004, leva anos caducado, e as negociacións para o novo comezaron en outubro de 2017 e foron suspendidas ao mes seguinte pola dirección xeral de Función Pública.

Díaz Villoslada lembra que o período de alto risco de incendios comeza o 1 de xullo, segundo decretou a Consellería de Medio Rural, e dos 5 distritos de Ourense, hai un sen axente investigador, tres con un só e outro que ten dous sen dedicación. Sinalou que esta situación “non é anecdótica” senón sintomática da situación na que se atopa o dispositivo de prevención de incendios.

Mellora de condicións

Instou ás consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente e Educación a instar á Dirección Xeral de Función Pública a desbloquear o proceso e cumprir co seu compromiso de mellora de condicións laborais dos axentes forestais e medioambientais Así, reclamou que avancen na delimitación de funcións, na creación de postos de prevención e mellorando as condicións de contratación e coordinación entre os operativos.

Sinalou que as propias organizacións sindicais, diante da absoluta pasividade do goberno galego, teñen presentado en febreiro unha proposta de Regulamento determinando a xornada, horario, quendas, a segunda actividade, seguridade laboral, igualdade e demais condicións. Explicou que os sindicatos continúan agardando polas liñas de homologación laboral das categorías seguindo o exemplo do servizo de Gardacostas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar