A Xunta limita o reparto do fondo adicional do FCL aos 4 concellos fusionados

A Xunta limita o reparto do fondo adicional do FCL aos 4 concellos fusionados

A Xunta limita o reparto do fondo adicional do FCL aos 4 concellos fusionados

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de repartir os 2,2 millóns de euros do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local tan só entre os catro concellos fusionados. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno celebrado hoxe na que criticou que o goberno deixe ao resto de concellos sen apoio.

Rodríguez Rumbo advertiu que esta decisión ademais contradí os anuncios do goberno galego, que impulsou as fusións de concellos “en base á racionalización de servizos e reducir custes”. Puntualizou que “se isto supón que a Xunta vai destinar a maior parte dos beneficios do FCL e en tódalas subvencións que publica, non vemos onde está o beneficio e a racionalización”.

Reclamou que “distribúan os recursos entre tódolos concellos de Galicia”, atendendo aos principios de autonomía a suficiencia financeira que fixan a Constitución e a Carta Europea de Autonomía Local, e de acordo cos criterios acordados coa Fegamp. Sinalou que os concellos fusionados continuarían véndose beneficiados ao “obter a suma do que lles correspondería individualmente”.

A responsable socialista puxo en dúbida así que “só 4 dos 313 concellos de Galicia, os correspondentes aos fusionados ou en proceso de fusión, precisen de medidas incentivadoras da xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar