A Xunta debe informar do resultado dos fondos destinados a axudar aos galegos en Venezuela

A Xunta debe informar do resultado dos fondos destinados a axudar aos galegos en Venezuela

A Xunta debe informar do resultado dos fondos destinados a axudar aos galegos en Venezuela

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe á secretaría xeral de Emigración que presente antes de fin de ano un informe sobre o resultado efectivo dos fondos adicionais destinados en setembro para axudar aos galegos emigrados a Venezuela.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión Institucional do Parlamento na que alertou da difícil situación tanto dos galegos emigrados ao país sudamericano como dos pensionistas retornados, que levan dous anos sen percibir as axudas de Venezuela.

Díaz Villoslada sinalou a difícil situación que viven os galegos e galegas residentes naquel país, derivado dunha convulsa situación institucional, económica e social, que se ten traducido nunha inflación do 552 por cento entre novembro de 2015 e outubro de 2016, e onde o 25 por cento dos nenos e nenas padecen malnutrición.

A situación é grave, dixo, para os galegos residentes en Venezuela e tamén para os máis de 3.500 retornados pensionistas e xubilados que, dende comezos de 2016, non perciben os pagos aos que está obrigado aquel goberno. Esta situación deriva en “situacións graves, non podendo acceder ademais aos servizos de emerxencia social ou vendo retirados os complementos de mínimos da Seguridade Social.

Acordo

Díaz Villoslada lembra o acordo unánime do Parlamento de Galicia para pedirlle ao goberno central que adiante o pagamento das pensións dos emigrantes retornados, para cargárllelas despois a conta do goberno de Venezuela.

Amosou a súa sorpresa por que esta iniciativa coincide cunha recente iniciativa aprobada no Senado a instancias de Coalición Canaria e apoiada polo PP instando aos gobernos autonómicos a promover convenios para resolver esta situación.

Sinalou que “nós acordamos instar ao goberno de España, e o PP dende o Senado devolve a pelota ás administracións locais e autonómicas” e esixiu que “se aclaren, se é verdade que pretenden que ese instrumento prospere”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar