A Xunta incumpre de forma sistemática as recomendacións do Consello de Contas

A Xunta incumpre de forma sistemática as recomendacións do Consello de Contas

A Xunta incumpre de forma sistemática as recomendacións do Consello de Contas

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe o “incumprimento reiterado, ano tras ano” por parte do goberno galego e dos entes instrumentais das recomendacións presentadas nos informes do Consello de Contas. Así o dixo no debate do informe de fiscalización, hoxe no Pleno do Parlamento.

A responsable socialista advertiu que a Memoria alerta de que a conta xeral da Xunta volve ser presentada de forma “desestruturada e incompleta”, mentres segue habendo 8 sociedades públicas, 11 fundacións e 7 consorcios que “non renden contas sen consecuencias. Sinalou que “os concellos que non renden contas non poden acceder ás subvencións da Xunta”, mentes ás entidades instrumentais “non lles pasa nada”.

Advertiu que o goberno galego continúa, oito anos despois, sen poñer en marcha o rexistro de entidades dependentes, a contabilidade financeira segue sen incorporar os criterios de transparencia obrigados dende 2010, confunde os investimentos reais e os gastos inmateriais, segue sen ofrecer información clara dos fondos da UE e utiliza programas ponte para a transferencia de crédito.

Transaccións

Rodríguez Rumbo criticou que o PP rexeitara este ano repetir as 4 propostas de resolución transaccionadas co Grupo Socialista o ano pasado, a pesares de que as teñan incumprido, co que na Memoria aprobada hoxe só foi incorporada unha proposta. Acusou á Xunta de “desprezar” ao ente fiscalizador ao converter a Lei que o regula nun “dereito de papel” concedéndolle novas atribucións pero “sen dotalo dos medios suficientes e necesarios”.

Lembrou que a última modificación do ente concedíalle “competencias na prevención da corrupción no ámbito do sector público”. Esixiu así medos suficientes para garantir que poida cumprir con esta obriga, e advertiu fronte á “tentación de facer que fan, mirar para outro lado e converter a loita contra a corrupción nun novo dereito de papel”, cando se trata dunha lacra que “cuestiona o funcionamento do noso sistema político”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar