A Xunta, incapaz de dar conta do Plan de Igualdade nos Centros Educativos

A Xunta, incapaz de dar conta do Plan de Igualdade nos Centros Educativos

A Xunta, incapaz de dar conta do Plan de Igualdade nos Centros Educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, alertou hoxe do desinterese amosado polo goberno galego para aplicar o I Plan de Actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020. Nunha pregunta oral á Consellería de Educación presentada hoxe en Comisión, advertiu do descoñecemento demostrado pola Xunta diante da implementación do Plan.

O responsable socialista sinalou que este plan, que deberá ser desenvolto durante catro cursos escolares, dispón dun total de 27 medidas “facilmente cuantificables” polo goberno, que sen embargo tan só foi capaz de enumerar 9 delas. Sinalou que se trata de “bos indicadores para saber se o plan funciona ou non, e dos que o Executivo debería poder dar boa resposta”.

Sen embargo, lamentou, son incapaces de dar conta mesmo da resposta que está recibindo a iniciativa nos centros, presentando o número deles, así como de alumnos que participan destas medidas a día de hoxe. Advertiu que “por moito que digan que está funcionando en plenitude, a verdade é que demostran que non teñen elementos para saber se isto é así”.

O Plan, lembrou, está orientado a inverter a tendencia de aumento das condutas discriminatorias e dos estereotipos sexistas entre o alumnado dos centros educativos, a través de catro principios, que son a transversalidade, a sociedade igualitaria, o obxectivo “violencia 0 nas aulas e na sociedade” e a inclusión e integración da diversidade, establecendo seis eixos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar