A Xunta impón "trabas burocráticas" para bloquear as axudas polos danos provocados pola fauna salvaxe

A Xunta impón "trabas burocráticas" para bloquear as axudas polos danos provocados pola fauna salvaxe

A Xunta impón “trabas burocráticas” para bloquear as axudas polos danos provocados pola fauna salvaxe

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, acusou hoxe ao goberno galego de impoñer “trabas administrativas e burocráticas” para impedir que os gandeiros afectados por danos provocados pola fauna salvaxe poidan acceder ás axudas previstas. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión para pedir un prazo extraordinario que permita o acceso a estas medidas, e que foi vetada polo PP.

Reclamou “rachar co continuísmo e a mala xestión administrativa e burocrática” que de facto supón un impedimento para que os gandeiros e gandeiras poidan recibir o apoio do goberno. Lembrou que hoxe hai máis de 1.000 expedientes abertos por danos provocados en concreto polo xabaril nos cultivos do rural galego e instou a unha actuación “máis certeira, áxil e eficaz con medidas que palíen esta situación”.

O responsable socialista advertiu que os prazos están a se converter unha “pexa importante” para as axudas aos gandeiros e agricultores, e puxo como exemplo as axudas para a adquisición de cans gardiáns, como mastíns e outras razas de pastor, obrigando a dispor dun exemplar de menos de 4 meses con todos os certificados en orde en apenas 6 días.

Así o establecía a resolución de axudas, feita pública o 30 de novembro de 2017 cando o prazo remataba o 11 de decembro, traducíndose en que “teñen menos dunha semana, con dous festivos e dúas fins de semana polo medio, para realizar tódolos trámites”. Esta situación replícase, dixo, “mesmo nos prazos para limpeza e desbroce de montes, provocando que as medidas que anuncian non se poidan concretar”.

Esta situación, sumada ao atraso no pago das indemnizacións por danos, provoca “unha gran desafección entre os gandeiros e cronifica o problema da convivencia coa fauna salvaxe, sendo os principais damnificados os habitantes do rural e a propia fauna”. Lembrou que “por moito que nos repitan que estamos na lexislatura do rural, esta está a ser cada vez menos rural e máis do abandono”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar