A Xunta gasta case 400.000 euros en catro letreiros de hospitais e propaganda do Sergas en plena reforma da Lei de Saúde

A Xunta gasta case 400.000 euros en catro letreiros de hospitais e propaganda do Sergas en plena reforma da Lei de Saúde

A Xunta gasta case 400.000 euros en catro letreiros de hospitais e propaganda do Sergas en plena reforma da Lei de Saúde

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, tildou hoxe de “obsceno” que en pleno debate sobre a reforma da Lei de Saúde o Sergas teña convocado un concurso por 183.000 euros para cambiarlle o cartel a catro hospitais de A Coruña e ten adxudicado outros 212.000 para propaganda do Sergas, como teñen reflectido os medios de comunicación.

O responsable socialista criticou estes gastos “cando o propio goberno, en nome da eficacia e da optimización de recursos, está modificando a Lei máis importante da sanidade de Galicia precisamente para reducir servizos e recortar a atención sanitaria dos cidadáns”. “Mentres os galegos e galegas queremos investir en médicos e mellorar a atención sanitaria o PP prefire comprar carteis e facer publicidade”, resumiu.

Torrado lembrou que no anterior período de sesións, e mentres a Cámara autonómica debatía sobre a necesidade de máis recursos, de aprobar plans de mellora sanitaria ou da situación dos centros de saúde, o PP levaba unha proposta para cambiarlle o nome ao Hospital de A Mariña.

Lamentou que tanto o PP como o goberno galego “parezan empeñados en facernos ver que viven á marxe da realidade dun sistema sanitario cun grave déficit de recursos”, dando “liberdade á súa obsesión por reducir servizos” e por cambiarlle o nome a un hospital, mentres “advertimos que estas frivolidades custan diñeiro”.

Sinalou que “os recursos da sanidade pública deben estar dirixidos a pagar profesionais e non para colgar carteis, ou para investir en proclamar o carácter público da sanidade, nun intento vano de enganar á cidadanía”.

Advertiu que “os galegos e galegas saben ben que o PP quere reducir a sanidade pública e deixar o camiño aberto para as clínicas privadas, como demostra o récord de alegacións ao anteproxecto da Lei de Saúde, que en pleno mes de agosto xuntou 1.600 aportacións cidadás, ou das mobilizacións convocadas contra a desaparicións das áreas sanitarias de O Salnés, A Mariña, Valdeorras e Lemos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar