A Xunta furta información sobre a mina de Man da Moura

A Xunta furta información sobre a mina de Man da Moura

A Xunta furta información sobre a mina de Man da Moura

A deputada socialista Noela Blanco criticou hoxe o “silencio administrativo” da Xunta sobre a explotación mineira de Man de Moura. No debate dunha pregunta en Comisión, acusou á Xunta de negarse a comunicar a caducidade da concesión –obtida en 1997- e que afecta aos concellos de Melón, Carballeda de Avia e Ribadavia, en Ourense.

Criticou o “sectarismo político” do goberno galego, que contestou á Asociación de Montes pero non aos concellos socialistas que se interesaron por este proxecto diante do goberno galego hai máis de dous meses. Sinalou que “o goberno galego negouse a actuar en tempo e forma e perdeu unha oportunidade excelente para quitarlle aos veciños e veciñas esta preocupación”.

Referiuse así á decisión administrativa de tramitar a caducidade da explotación, o pasado 18 de abril, unha información que sen embargo foilles escamoteada aos concellos, xerando unha “gran preocupación” entre a cidadanía.

A deputada socialista rexeitou as “escusas de mal pagador” do goberno galego, quen aludiu a un “suposto colapso administrativo” para non dar traslado dunha información “básica para a cidadanía e os concellos”. Puntualizou que “este problema –de saturación- non se soluciona baixando impostos nin adelgazando o sistema público”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar