A Xunta fixo oídos xordos e segue a respaldar as prácticas de Rogelio Martínez cos fondos europeos

A Xunta fixo oídos xordos e segue a respaldar as prácticas de Rogelio Martínez cos fondos europeos

A Xunta fixo oídos xordos e segue a respaldar as prácticas de Rogelio Martínez cos fondos europeos

A deputada socialista Noela Blanco preguntou hoxe en comisión parlamentaria polas medidas que puxo en marcha a Xunta para controlar a xestión dos fondos públicos europeos Leader II por parte de Rogelio Martínez, ex delegado da Xunta en Ourense, ao que agora se lle abriu xuízo oral polo presunto uso fraudulento destes cartos, con posibles delictos de malversación, fraude e falsidade documental. Blanco preguntou “onde estaba a Xunta” ante as continuas denuncias dos socialistas, e criticou que “fixese oídos xordos” e non controlase o uso destes fondos. Tamén destacou que a día de hoxe a Xunta “segue a protexelo”. Que lle debe o señor Feijóo a Rogelio Martínez? Debe se algo bastante gordo”, afirmou.

 

A deputada ourensana lembrou que na súa etapa como alcalde de Arnoia, Martínez presidía un grupo de acción local e certificou unha planta de biomasa e a compra dunha maquinaria que nunca existiu, cuns fondos “importantísimos para o desenvolvemento rural e a loita contra a demografiía” nunha comarca na que os maiores de 60 anos case cuadruplican os menores de 25. Blanco destacou que tiña “prácticas de sobra coñecidas” de cacique á antiga usanza e despotismo non ilustrado”, como utilizar membros da escola da mancomunidade do Ribeiro para sembrar e recolectar nos seus terreos, ou a súa relación con enchufes de familiares de persoas do PP.

 

Novos nomeamentos no PP e na Cámara de Comercio

“Aínda así Feijóo considerouno unha persoa apta para ser delegado da Xunta en Ourense a partir de 2009, xa imputado tres anos, porque era o alter ego de Feijóo na provincia de Ourense” na “loita de bandas” de gorras e birretes, “o que Ignacio González a Esperanza Aguirre”, explicou. Tamén lembrou a emotiva despedida que lle brindou Alfonso Rueda en Ourense, e que tras a súa dimisión foi incluído como suplente nas listas do Senado, ademais de ser nomeado presidente do PP en Arnoia o pasado 21 de xaneiro e vocal da Cámara de Comercio o pasado 15 de febreiro.

 

“É vergoñento que sigan respaldando non só a Rogelio, senón tamén a ese grupo de acción local imputado de arriba a abaixo. Que papelón acaba de facer hoxe”, lamentou Blanco ante as escusas do PP. “Soplar e sorber non pode ser. Non poden presumir de loitar contra a corrupción e á vez meter no abrigo a unha persoa corrupta”, asegurou a socialista, que lembrou que o PSdeG tivo que acudir directamente á xustiza porque o goberno galego fixo caso omiso das súas denuncias en todas as cámaras de representación. “Inhibíronse de poñer en coñecemento da OLAF estes feitos, e agora non só gardan silencio, senón que saen na súa defensa”, concuíu.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar