A Xunta favorece á banca deixando os xulgados en precario fronte ás cláusulas chan

A Xunta favorece á banca deixando os xulgados en precario fronte ás cláusulas chan

A Xunta favorece á banca deixando os xulgados en precario fronte ás cláusulas chan

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe aos gobernos central e autonómico de deixar aos xulgados “en precario” para facer fronte ao aluvión de demandas polas cláusulas chan. No debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista, a responsable socialista cualificou o dispositivo xudicial de “solución inxusta e antisocial que vai favorecer á banca”.

A responsable socialista preguntoulle ao PP “a quén vai beneficiar a porta xiratoria da banca” logo deste “favor” para prexudicar aos demandantes. O dispositivo previso, explicou, “vai provocar retrasos e, polo tanto, prexuízos para os cidadáns”, porque “non hai medios axeitados, nin persoal suficiente, nin formación para atender estes asuntos complexos”.

Advertiu que a decisión de recargar un xulgado de cada provincia para afrontar estas demandas “nace colapsado, pois vai recibir os centos de demandas de cada provincia, pero non as poderá tramitar por falta de medios”.

Esta situación ten provocado “desconcerto, improvisación, descoordinación, falta de persoal, ausencia de información”, e foi contestado por tódolos operadores xurídicos, que asinaron un manifesto contra a decisión de centralizar as reclamacións nun xulgado de 1ª instancia por provincia.

Os socialistas galegos reclaman así que os gobernos central e autonómico atendan ás demandas de tódolos operadores xurídicos, tanto os colexios de avogados como os xuíces decanos, o Consello Xeral da Avogacía ou os traballadores dos xulgados.

Neste sentido, reclama un xulgado específico para cada unha das sete grandes cidades, que inclúa “unha sala cun xuíz, un letrado da administración de Xustiza, funcionarios, unha sede e reparto propios”, co obxectivo de “facer fronte ao máis que probable aluvión de demandas polas cláusulas chan”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar