A Xunta fai trampas ao solitario coa Industria 4.0

A Xunta fai trampas ao solitario coa Industria 4.0

A Xunta fai trampas ao solitario coa Industria 4.0

O portavoz de Industria e I+D do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao Goberno galego de “facer trampas ao solitario” ao “vender” que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma en implantación da Industria 4.0. Así o dixo durante a comparecencia en Comisión do director xeral do Igape para presentar programas de financiamento para as Pemes galegas.

O responsable socialista puntualizou que “non é que non compartamos a Industria 4.0, é que non cremos en milagres” cando o goberno galego destina apenas o 0,87 por cento do PIB a I+D, por debaixo da media do Estado e moi por debaixo da UE. Preguntou se “están dicindo que Navarra, Aragón, Cantabria, Madrid ou Cataluña están por debaixo de nós”, co que “racharían con tódolos modelos de innovación do mundo occidental”.

Apuntou que Galicia conta cun tecido produtivo “que maioritariamente está nunhas condicións que non lle permiten optimizar e aproveitar” as iniciativas do goberno galego relativas á dita Industria 4.0. Lembrou os “tristes” datos sobre o tamaño das empresas en Galicia, con 191.000 microempresas de menos de 9 traballadores, das cales 108.000 “non teñen ningún empregado”.

Impulso ás empresas

Losada puxo en dúbida a eficacia das iniciativas de impulso e apoio ás empresas por parte do goberno galego, cando dende o Igape tan só aprobaron dous avais de préstamos directos á mesma empresa en 2017, os mesmos que en 2016 e 2015 e “en 2014 non aprobaron ningún”. Ademais, de acordo cos datos remitidos ao Parlamento, o último préstamo vivo aprobado polo organismo remítese a xuño de 2016.

Advertiu ademais que dende a probación da Lei de Promoción Empresarial do Goberno galego “foron constituídas un 14 por cento menos de sociedades”. Sinalou que “algo hai que facer, pero non trata de desregular, senón de actuar” e apuntou á necesidade de reforzar o control da administración pública para evitar “por exemplo o peche sen de empresas receptoras de axudas públicas sen consecuencias”.

Considera “positivo” acurtar prazos á hora da creación de empresas, pero “non saltando informes ou rebaixando a súa condición a non vinculantes, senón incrementando as dotacións de persoal” para evitar casos como o que sinalaba un medio de comunicación recentemente ao falar de “La trama mafiosa de Sousa en Pescanova”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar