A Xunta "fai un Puigdemont" coa OPE de Sanidade

A Xunta "fai un Puigdemont" coa OPE de Sanidade

A Xunta “fai un Puigdemont” coa OPE de Sanidade

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao goberno galego de “facer un Puigdemont” coa Oferta Pública de Emprego de Sanidade. No debate dunha proposta para garantir a incorporación de titulados MIR ao Sergas, que foi vetada polo PP, acusou á Xunta de anunciar prazas que despois non se cobren.

Criticou que a Xunta anunciara 1.600 prazas na OPE de Sanidade dos que non se sabe nada e que “primeiro intentaron utilizar para chantaxear cos orzamentos, foilles mal e agora fixeron un Puigdemont, un si pero non, anunciamos pero non convocamos: aproban as prazas en diferido”.

Torrado explicou que nos anos nos que gobernou Feijóo Galicia formou 2.500 médicos, dos que só foron contratados 322, o 15 por cento. Resumiu que “cada ano formamos 250 MIR, só son contratados 32 e ata 120 vense obrigados a deixar Galicia na busca de traballo”.

Explicou que “un MIR supón un investimento de 180.000 euros para a administración, o que supón que estamos tirando máis de 20 millóns de euros cada ano, que foi o que custou formar aos 120 médicos que abandonan Galicia cada ano para traballar no estranxeiro, onde aprovéitanse de nós, pero non nos entenden”.

A falla de interese do goberno galego para manter aos médicos galegos traballando para a administración provoca que teñamos unha das tres sanidades peor valoradas do Estado –CIS-, debido á falla de recursos humanos e materiais, mentres 3 de cada catro persoas consideran necesarias melloras nas listas de espera.

Os socialistas reclamaron hoxe un calendario plurianual para os anos 2017 – 2020 de incorporación dos titulados e tituladas MIR ao Sergas, mediante a convocatoria pública de prazas estables “que contribúa a paliar o déficit de persoal facultativo sinalado polos colectivos profesionais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar