A Xunta evita valorar a redución de prazas da Facultade de Medicina proposta pola USC

A Xunta evita valorar a redución de prazas da Facultade de Medicina proposta pola USC

A Xunta evita valorar a redución de prazas da Facultade de Medicina proposta pola USC

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe que o conselleiro de Universidade se negara a valorar a proposta da Universidade de Santiago para reducir as prazas de alumnos na Facultade de Medicina por falla de recursos. Así o dixo no debate dunha interpelación na que reivindicou o reforzo da formación para aumentar o número de profesionais en Galicia.

Torrado reclamoulle ao goberno galego que impulse a formación de novos profesionais na Facultade de Medicina da USC e, ademais, que garanta a estabilidade laboral do persoal sanitario que “que poderían servir mellor ao sistema de maneira estable”.

Neste sentido, reclamoulles que paralicen a redución do 5 por cento das prazas de estudantes que está a propoñer a Universidade pola incapacidade material de formar ás 360 prazas que hai agora. Os socialistas galegos propuxeron “reconducir a proposta da USC e, en lugar de reducir o número de estudantes, garantir novos investimentos, aumentar os recursos materiais e humanos e permitir así aumentar o número de alumnos.

Torrado acusou hoxe ao goberno galego de destinar 400 millóns de euros anuais a “financiar a precariedade laboral” na sanidade pública e lembrou que hoxe Galicia conta cunha das peores ratios de persoal sanitario por habitante do Estado. Mentres, dixo, seguen contratando por horas, en contratos de luns a venres para non pagar as fins de semana e negándose a ampliar as plantillas.

Unha das consecuencias, dixo, é que Galicia conta coa terceira atención sanitaria peor valorada segundo o CIS, un problema “derivado directamente da falla de persoal”. Sinalou que a resposta da Xunta é queixarse de que non hai profesionais especialistas en sanidade para contratar, mentres ao mesmo tempo contrata a menos do 15 por cento dos MIR que saen da Facultade de Medicina cada ano.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar