A Xunta evita mellorar a seguridade para ciclistas na reforma da estrada Poio - Sanxenxo

A Xunta evita mellorar a seguridade para ciclistas na reforma da estrada Poio - Sanxenxo

A Xunta evita mellorar a seguridade para ciclistas na reforma da estrada Poio – Sanxenxo

A deputada socialista Patricia Vilán acusou hoxe ao goberno galego de ter eliminado os elementos de seguridade para ciclistas na reforma prevista da PO-308, que inclúe o tramo Poio – Sanxenxo, que rexistra accidentes cada semana do verán.

No debate dunha pregunta oral en Comisión, entregoulle ao director da Axencia Galega de Infraestruturas o premio “Tartaruga de Prata”, concedido á conselleira responsable pola Asociación Ciclista Pedaladas por ter omitido as súas peticións para mellorar a seguridade para ciclistas naquela estrada.

Vilán lamentou que o alto cargo recibira de mal gusto a condecoración “dicindo que é inxusta como cando os nenos chegan dicindo que o profe suspéndeos porque lles ten manía”. Lembrou que “levan o premio polo seu mal facer, e o que deberan facer é reaccionar con humildade e intentar mellorar as condicións das estradas autonómicas para os ciclistas que queren utilizar a bicicleta como medio alternativo”.

Lembrou que hai zonas da estrada nas que non existe nin beiravía, e presenta en suma unhas “malas condicións para os usuarios de bicicleta”, cando algúns deles deixaron a vida na estrada. Criticou o desinterese do goberno galego para unha das estradas da provincia con maior tránsito de usuarios utilizando este medio, xa que o proxecto de reforma e mellora da seguridade non contempla medidas para ciclista e peóns.

Demandas

A deputada socialista trasladou hoxe as demandas da asociación ciclista, que inclúen adecuar o proxecto á normativa sobre accesibilidade universal, medidas de acougado de tráfico ou seguridade viaria para facer efectivos os límites de velocidade e aumentar os pasos de peóns. Tamén reclaman sinalar a presenza de ciclistas e obrigar a adiantalos coa separación mínima de 1,5 metros.

Vilán solicitou suprimir elementos perigosos para ciclistas, como son as balizas cilíndricas ou captafaros previstos no proxecto, e que se constrúa unha beiravía transitable de 1,5 metros entre os puntos quilométricos 13.700 e 13.400 en sentido Sanxenxo – Pontevedra.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar