A Xunta debe estudar o impacto dos lumes sobre os recursos turísticos e actuar para a súa recuperación inmediata

A Xunta debe estudar o impacto dos lumes sobre os recursos turísticos e actuar para a súa recuperación inmediata

A Xunta debe estudar o impacto dos lumes sobre os recursos turísticos e actuar para a súa recuperación inmediata

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, alertou do “gravísimo dano ocasionado polos lumes de outubro aos recursos turísticos de Galicia”. Presentou hoxe unha proposición non de Lei en Comisión para reclamarlle ao goberno galego que colabore coas organizacións do sector para avaliar as consecuencias efectivas dos incendios sobre o turismo de Galicia.

O parlamentario socialista sinala que os lumes, que calcinaron en torno a 50.000 hectáreas, boa parte delas correspondentes a zonas protexidas polo seu valor medioambiental, supuxo “a perda de espazos de grande valor”. Ademais, engade, perdéronse infraestruturas rurais dedicadas ao turismo, como rutas de senderismo e andainas nos espazos protexidos, que “fan perigar o turismo sustentable que queremos”.

Pérez Seco chamou a iniciar canto antes coa recuperación dos espazos naturais afectados, e chamou a “traballar conxuntamente por acadar unha solución eficaz e duradeira entre o goberno galego, os grupos parlamentarios e, sobre todo, o sector afectado, que é o que coñece a realidade de primeira man e sufre as súas consecuencias inmediata”.

O parlamentario socialista sinalou que os lumes, que asolaron ás provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo, tiveron un “impacto desastroso dende o punto de vista humano, medio ambiental e socioeconómico”. Advertiu que “o desleixo nas labores de coidado do monte e as terras agropecuarias supón un elemento de gran perigo, que facilita a aparición e, sobre todo, a propagación dos lumes”.

Reclamou “unha política de prevención eficiente, con investimentos decididos e realmente comprometidos, que aposte polo coidado e o mantemento concienciado en colaboración coas comunidades de montes, concellos, deputacións, agrupacións ecoloxistas, organizacións a tódolos niveis da Adminstración e tamén dos distintos colectivos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar