A Xunta elude "a máis elemental autocrítica" logo de que o fiscal desmontara a teoría do terrorismo incendiario

A Xunta elude "a máis elemental autocrítica" logo de que o fiscal desmontara a teoría do terrorismo incendiario

A Xunta elude “a máis elemental autocrítica” logo de que o fiscal desmontara a teoría do terrorismo incendiario

O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, lamentou hoxe que o goberno galego evite realizar “a máis elemental autocrítica” logo de que o fiscal de Galicia desmontara o pasado luns a tese do terrorismo incendiario defendida polo presidente da Xunta. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Medio Rural que deu remate á primeira fase de traballo da Comisión de Estudo sobre a Política Forestal.

O responsable socialista lembrou o varapau do fiscal superior de Galicia, que sinalou a inconsistencia daquela teoría e descartando a existencia de ningunha “iniciativa criminal complexa”. Puntualizou que “todos sabemos que hai incendiarios”, e por iso reclaman “control, fiscalización e medidas de vixilancia e control”.

Sen embargo, precisamente esta falla de autocrítica do goberno galego provoca que “non sexan capaces de prever nin atallar” as “causas estruturais” que derivan nos incendios. Apuntou así á “falla de control das especies e masas forestais, a falla de limpeza das faixas, o abandono ou a perda de peso da actividade agropecuaria no mundo rural”.

En concreto, sinalou que o goberno galego permítese descargar nos concellos e nos propietarios a responsabilidade da limpeza das faixas de seguridade, un elemento crucial na prevención dos lumes. Sen embargo, obvian que moitos dos concellos carecen de capacidade e medios para levar adiante estas labores de limpeza, e reivindicou convenios co goberno galego para axudar a executar estas tarefas.

Plan Forestal

José Antonio Quiroga criticou ademais a falla de consenso no borrador do Plan Forestal presentado pola Xunta. Apuntou que o pasado 6 de febreiro as asociacións máis importantes da madeira e transformación dixéronlle á Consellería que non aceptan o dito borrador e ratifican a súa falla de participación, desbotando o acordo previo acadado nas directrices.

Reclamou “ter en conta estas críticas para resetear e redireccionar un plan tan importante para o futuro do país” e que poida ser aprobado “co máximo consenso posible” logo de que “ningún dos comparecentes amosara unha opinión favorable tal e como está”. Chamou a buscar “maior colaboración para mellorar entre todos un Plan Forestal que está morto e que así non vai adiante”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar