Xunta e PP renuncian a unha Lei que garanta accesibilidade universal

Xunta e PP renuncian a unha Lei que garanta accesibilidade universal

Xunta e PP renuncian a unha Lei que garanta accesibilidade universal

dependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, sinalou hoxe que Xunta e PP teñen feito da Lei de Accesibilidade unha “oportunidade perdida para elaborar un texto moito máis completo e comprometido coa accesibilidade universal”. Así o dixo no debate final desta Lei no Pleno do Parlamento, que foi aprobada coa abstención dos socialistas galegos que a consideran “insuficiente”.

Carmen Gallego sinalou que a accesibilidade debe ser entendida nun sentido amplo para tódalas persoas con discapacidade e non só como un medio de remover obstáculos físicos. Por iso, e malia ás melloras incorporadas ao texto final grazas ao “traballo construtivo” en Comisión e Ponencia, que permitiu incorporar 35 das 73 emendas presentadas polos socialistas galegos, fixo imposible o apoio á Lei.

Lamentou que o PP rexeitara unha serie de propostas dos socialistas galegos que constitúen “liñas vermellas” na súa posición, como é o recoñecemento da lingua de signos, a creación dun Fondo para concellos, e persoas con discapacidade que permita eliminar as barreiras.

Tamén rexeitaron a creación dun sistema arbitral para resolver queixas e reclamacións ou garantir o compromiso da accesibilidade completa en tódalas obras de nova construción, incluíndo aos establecementos, edificios e instalacións de concorrencia pública e o compromiso de orzamentos anuais.

Explicou que “seguimos sen ter un compromiso orzamentario firme”, xa que inclúe novas obrigas para a administración local e autonómica pero evita compromisos orzamentarios da Xunta. Gallego lamentou que o PP se negara a incluír nos orzamentos da Xunta un fondo destinado a subvencionar a supresión de barreiras destinado a concellos, entidades privadas e persoas particulares.

Tampouco inclúe axudas aos concellos para o financiamento de plans de accesibilidade en espazos públicos urbanizados e a accesibilidade interior dos inmobles, e reclamou que unha de cada 50 vivendas libres construídas sexa concibida como accesible por Lei.

Plan de Accesibilidade

Carmen Gallego apuntou que as emendas socialistas aprobadas no debate en Comisión serviron para esixirlle ao goberno un Plan Galego de Accesibilidade no prazo de dous anos, mellorando as eivas da Lei na planificación da actuación do Executivo.

Tamén actualizará a definición da discapacidade, incorporando a discriminación directa, indirecta, por asociación e o acoso, ademais de garantir o uso non discriminatorio dos itinerarios peonís e a circulación de forma autónoma e continua para calquera persoa, ademais de garantir accesibilidade en áreas peonís ou a garantía de dimensión axeitada das prazas de aparcamento.

A Lei aprobada hoxe incorpora, a proposta dos socialistas galegos, a lectura sinxela e pictogramas na sinalización, a mobilidade vertical, comunicación horizontal, utilización accesible de mobiliario, reservas de vivenda, garantías para obras de adaptación, accesibilidade do transporte público ou na comunicación, entre outras.

As propostas socialistas incorporadas ao texto inclúen a promoción de accións formativas, sensibilización e campañas educativas para favorecer a accesibilidade das persoas con discapacidade e a consulta aos concellos previa ao desenvolvemento da Lei e a aprobación do Código de Accesibilidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar