Xunta e PP humillan ao Parlamento co seu trato á Comisión de Investigación das caixas

Xunta e PP humillan ao Parlamento co seu trato á Comisión de Investigación das caixas

Xunta e PP humillan ao Parlamento co seu trato á Comisión de Investigación das caixas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe os “feitos inauditos e mesmo humillantes” para o Parlamento por parte da Xunta e do Grupo do PP no tratamento da Comisión de Investigación das Caixas. Así o dixo no debate da Comisión de Investigación na que o PP rexeitou tódalas peticións de comparecencias e documentación solicitadas pola oposición.

Losada denunciou a “nula vontade política” do PP, que impediu de novo a comparecencia de Feijóo para explicar “por qué faltou á verdade” na súa anterior intervención neste órgano, na que acusou en falso ao anterior presidente da Xunta de ter escamoteado información sobre as caixas. Lembrou que esa afirmación foi negada tanto por Touriño como pola ex conselleira de Facenda do PP, Marta Fernández Currás.

O responsable socialista reclamou tamén neste sentido a comparecencia da ex conselleira e actual secretaria de Estado de Orzamentos para explicar “por qué falou dun traspaso de poderes previo no que parece que non se lle subministrou dita información, pero no traspaso posterior si que se lle proporcionou”.

Abel Losada criticou que a ex conselleira, “factótum e protección de Feijóo ante este gran fracaso político” que foi a fusión das caixas galegas, teña enviado as súas apreciacións por escrito, rexeitando comparecer en persoa con argumentos que supoñen “unha burla para esta Comisión”. Explicou que Currás rexeitou comparecer por si se confundía a súa tarefa como conselleira do seu actual cometido como secretaria de Estado.

Tamén reclamou a comparecencia do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, para dar conta das afirmacións que remitiu por escrito xa que, lembrou, foi o PP quen impediu a súa comparecencia malia a disposición deste a desprazarse a Galicia no mes de setembro.

Losada criticou que o PP rexeitara hoxe a presenza de Fernández Ordóñez para aclarar entre outras cuestións a debilidade taxativa dunha das entidades financeiras, o que foi “obviado de maneira sistemática polo PP e a Xunta”. Tamén sinalou que o ex dirixente ten falado da insistencia política da Xunta e dunha estratexia de bloqueo, así como das indemnizacións dos ex directivos das entidades.

Lamentou que o PP teña engado estas tres comparecencias igual que as do ex gobernador do Banco de España, Jaime Caruana, e do gobernador actual. Sinalou o despropósito que supón que logo dun “maratón” de 45 comparecencias en 9 días “para acabar anulando e diluíndo” a responsabilidade do goberno, a Comisión leva 3 meses sen actividade ata hoxe.

Documentación

Abel Losada denunciou ademais os “feitos inauditos, mesmo humillantes” por parte do PP e do goberno no tratamento que se deu á información enviada á Cámara cun “secretismo esaxerado”. Denunciou que mentres os grupos parlamentarios tiñan dificultades para analizar información considerada secreta, como o informe de KPMG, “comprobamos cómo comparecentes propostos polo PP, como Víctor Moro, asistían co informe no seu poder”.

Os socialistas reclamaron hoxe tamén que o goberno remita á Comisión o expediente de contratación da dita due dilligence elaborada sobre as caixas pola auditora KPMG, así como a documentación entregada á ex conselleira de Facenda no traspaso de poderes e os expedientes da Xunta previos á autorización da emisión de participacións preferentes por parte das entidades.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar