Xunta e PP desamparan aos traballadores de Tafisa, abocados ao desemprego polo peche da empresa

Xunta e PP desamparan aos traballadores de Tafisa, abocados ao desemprego polo peche da empresa

Xunta e PP desamparan aos traballadores de Tafisa, abocados ao desemprego polo peche da empresa

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe a Xunta e PP de “desamparar” aos traballadores da madereira Tafisa, filial do Grupo Sonae en Pontecaldelas, diante do peche anunciado pola matriz. O responsable socialista criticou que o PP teña rexeitado unha proposición non de Lei do PSdeG para negociar o mantemento da actividade indsutrial da empresa.

Losada denunciou hoxe o desleixo do goberno galego diante dun caso claro de “enxeñería contable” para cargarlle á empresa galega gastos que en realidade corresponden a todo o grupo. Criticou a incompetencia do goberno galego para defender aos traballadores da empresa mentres en 2013 deixaban sen executar un total de 80 millóns de euros de orzamento correspondentes ao Igape precisamente para axudas ás empresas.

O responsable socialista considera “inexplicable” que a Xunta “non lle pida explicacións a Sonae” cando abocan ao peche “precisamente á factoría que é menos rendible cando ten a materia prima mais próxima e man de obra cualificada a menor custe”.

Reclamou así un estudo de viabilidade que determine as condicións básicas para manter a produción da fábrica e unha análise da situación da planta por liñas de traballo, así como a facturación real do grupo por plantas, produtos e plantilla asociada dende o ano 2009.

Tamén votaron en contra de negociar co grupo propietario para conservar e manter a actividade industrial para obter beneficios sociais para o conxunto da sociedade das transferencias realizadas.

Tamén reclama puntos de confluencia entre os intereses da Administración autonómica a través do Igape e dos titulares do Grupo Sonae “convencéndoos de que a conservación da actividade industrial reportaralles beneficios económicos e políticos a ambas instancias”.

Reconversión silenciosa

Losada criticou que o goberno galego teña provocado dende a chegada de Feijóo a maior reconversión industrial da historia de Galicia, coa perda do 27 por cento do emprego no sector en só cinco anos. Sinalou que de acordo co último informe de industria Galicia perdeu 20.000 ocupados nos dous últimos anos, mais que o sector da construción, e os custes laborais atópanse a niveis de hai 16 anos.

Dixo que a “reconversión silenciosa” de Feijóo ten resultado “peor que a dos 80”, e esixiulle ao PP que “non dean leccións sobre conciencia da crise económica” logo de que Touriño fora o primeiro goberno en apoiar medidas de apoio, en febreiro de 2008. Mentres, Feijóo conseguiu que Galicia teña 28.500 mozos sen estudos nin traballo “a pesares da marcha de outros 7.500”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar