Xunta e PP amparan os abusos contra a flota galega tamén no reparto da xarda

Xunta e PP amparan os abusos contra a flota galega tamén no reparto da xarda

Xunta e PP amparan os abusos contra a flota galega tamén no reparto da xarda

Pesca. Mariñeiros pescandoO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, esixiulle ao goberno galego que recorra a proposta para reparto da pesca da xarda presentado polo goberno central, no que Galicia resulta claramente discriminada. Val presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca celebrada hoxe e que foi rexeitada polo PP, polo que criticou que Xunta e PP amparan “abusos contra a flota galega”.

Val explicou que a situación da flota galega, que xa en 2014 foi complicada, vaise converter este ano en “insostible” logo de constatar a perda do 25,5 por cento das posibilidades de pesca desta especie con respecto ao ano pasado. Ademais, o borrador presentado polo goberno central evidencia unha fonda discriminación en contra de Galicia e favorable a comunidades autónomas como País Vasco ou Cantabria.

Así, mentres o País Vasco, con tan só 59 barcos, obtén o 46,37 por cento do total das posibilidades de pesca -4.687 toneladas-, ou Cantabria, con 43 embarcacións, recibe o 24,63 por cento do total -2.489 toneladas-, o cerco galego, con 154 embarcacións que representan o 57,46 por cento dos barcos tan só obtén o 25,9 por cento das posibilidades de pesca de xarda.

Mentres outras comunidades autónomas vense beneficiadas, Galicia, coa maior flota do Estado, tan só poderá pescar 2.626 toneladas de xarda en todo o ano, 900.682 quilogramos menos que en 2014.

O reparto desigual das cotas de xarda vén complicar aínda mais a situación dos cerqueiros galegos, que se están a ver profundamente discriminados no Plan de xestión da sardiña e fondamente afectados logo do descenso do 26 por cento da cota do xurelo no Cantábrico noroeste.

Os socialistas galegos reclaman así a devolución da proposta de reparto de pesca da xarda para 2015 para establecer un novo baremo que garanta “un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos, como o número de tripulantes, e que permita aos barcos galegos acceder ao recurso en igualdade de condicións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar