Xunta e Goberno central están obrigados a resolver o conflito dos vendedores ambulantes de Porriño e Tui

Xunta e Goberno central están obrigados a resolver o conflito dos vendedores ambulantes de Porriño e Tui

Xunta e Goberno central están obrigados a resolver o conflito dos vendedores ambulantes de Porriño e Tui

allegoA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle a Xunta e goberno central que “investiguen en actúen” para resolver o conflito entre vendedores ambulantes de Porriño e Tui que supostamente ten provocado o exilio forzoso de mais de 400 deles a outras comunidades autónomas.

Gallego sinala que os implicados no conflito teñen asegurado que “hai mais de un ano que se están poñendo estes feitos en coñecemento da Xunta, Delegación de Goberno e Policía, sen que ata a data se teña tan sequera feito unha inspección rutinaria nos propios mercadillos para verificar a veracidade das denuncias”.

A responsable socialista esíxelle á Xunta e á Delegación do Goberno que se tomen en serio esta cuestión “e actúen en consecuencia”, sen que “nada diso teña sucedido ata a data”, malia que “estamos seguros de que poden avivarse máis situacións destas no futuro”.

Lamenta a “tibia resposta” ofrecida polas autoridades, mentres o Delegado do goberno “semella estar mais preocupado pola súa pronta marcha” e o vicepresidenet da Xunta limitouse a afirmar que “velaremos por que se cumpra a Lei sen entrar en cuestións internas das familias sempre que sexan legais”.

Suficiente gravidade

Gallego sinala que a situación reviste “a suficiente gravidade como para que tanto o goberno galego como o central, a través dos medios dos que dispoñen en materia de investigación, das forzas e corpos de seguridade do Estado ou da fiscalía tiveran tomado en conta esta situación e iniciaran as investigacións e actuacións pertinentes”.

Reclamou que “eviten a violencia, as coaccións e ameazas e os tintes de racismo que poidan existir neste conflito e a fuxida das persoas que abandonaron os seus fogares e se foron lonxe da Comunidade Autónoma”.

Explica que na orixe “semellan estar as discrepancias sobre a probable reapertura dun mercadillo en Tu8i, na zona fronteiriza, e o distinto encadre a efectos fiscais e de Seguridade Social de autónomos por conta propia ou cooperativistas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar