Xunta e Concello de Lalín, cómplices de Fenosa na destrución da Fraga de Catasós

Xunta e Concello de Lalín, cómplices de Fenosa na destrución da Fraga de Catasós

Xunta e Concello de Lalín, cómplices de Fenosa na destrución da Fraga de Catasós

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, dixo que tanto a Xunta como o concello de Lalín son “cómplices” de Fenosa no “atraco” que culminará coa destrución da Fraga centenaria de Catasós, en Lalín, coa instalación da liña eléctrica Irixo – Lalín. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento para paralizar esta obra que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista dixo que tanto a Xunta como o concello de Lalín están a xogar o papel de “choferes necesarios en calquera atraco preparados para arrancar o coche e fuxir”. Acusounos de amparar á empresa eléctrica deixando desamparados aos veciños e aos usuarios das Fragas, mentres intentan paralizar o expolio dun ben natural ata despois das eleccións municipais.

Advertiu que o tendido “destrúe esa Fraga” e coincide co “modus operandi” da eléctrica, que ten instalado a maioría dos seus tendidos “gratis” por toda Galicia “onde e cando quixo sen ningún tipo de contraprestacións nin defensa dos dereitos dos galegos e galegas nin absolutamente nada”.

García esixiulle ao goberno que presente a suposta declaración de impacto medioambiental e da Consellería de Industria preceptivos e vinculantes ao proxecto que necesariamente “teñen que avalar que o tendido vaia por enriba da fraga”. Advertiu que carecendo de dito informe “a instalación non se podería facer”.

Preguntou “onde estaba o Concello de Lalín, cando na fase de exposición puido facer alegacións ao proxecto, onde estaba cando os veciños interpuxeron un recurso de reposición diante da Consellería de Industria, non estaba porque era cómplice de Fenosa”.

“Ou están do lado de Fenosa ou do lado das fragas”, espetoulle ao PP logo de acusar tanto á Xunta como ao goberno local de deixar desamparados aos cidadáns por canto non fixeron alegacións previas in atenderon ás alegacións dos afectados nin responderon ao recurso de reposición imposto ante Industria.

Explicou que o cerne da cuestión radica en que cando este proxecto fora presentado en 2007 contaba cun investimento de 10 millóns de euros e “cando se retoma en 2012 dise que só hai 4,6 quilómetros para un trazado de 22 quilómetros de lonxitude -20 aéreos e 2 soterrados”, e que xa sufriu modificacións para apartarse dun castro e da Vía da Prata.

Pediu que non se enrede con alternativas enganosas, a única alternativa que garntizará que a Fraga non sufra danos e “se a liña non pasa por alí”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar