A Xunta desatende a mellora de recursos sanitarios solicitada polo Concello de Carral

A Xunta desatende a mellora de recursos sanitarios solicitada polo Concello de Carral

A Xunta desatende a mellora de recursos sanitarios solicitada polo Concello de Carral

A deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo lamentou hoxe que o goberno galego confirmara, na Comisión de Sanidade celebrada hoxe, que deixará sen atender ás demandas do Concello de Carral para mellorar os recursos sanitarios deste Concello. No debate dunha pregunta oral en Comisión, lembrou que actualmente cada médico ten que atender a 1.740 pacientes.

Rodríguez Rumbo lamentou que a Xunta confirmara hoxe que a súa intención é desviar aos pacientes a Cambre cando, puntualizou, “unha asistencia de calidade é precisamente achegar os servizos á cidadanía, non obrigarlle á cidadanía a que se teña que desprazar”. Criticou a desatención deste Concello “coa escusa de que non medra, pero é que non pode medrar –puntualizou- se están a desmantelar os servizos”.

Con esta decisión, dixo, “lamentablemente fan caso omiso tanto das demandas do Concello, que pedía catro médicos de familia, un pediatra a xornada completa e a mellora do sistema de urxencias, deixando a lo menos un facultativo de garda pola tarde, como da propia Estratexia Sergas 2020”.

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de presentar “moitos papeis, estratexias e liñas marabillosas que se redactan pero, á hora da verdade, a xente do rural de Carral, para ter un servizo de calidade tense que desprazar”.

Apuntou así que o obxectivo fixado polo goberno galego é “mellorar a saúde da cidadanía a través da prestación de servizos sanitarios asistenciais efectivos, eficientes e de calidade de forma equitativa e sostible”.

Esta estratexia define 20 liñas estratéxicas que pasan, dixo, por intervencións de promoción da saúde e prevención da enfermidade, ou reducir os tempos de espera e optimizar os tempos de traballo do persoal, “exactamente na liña oposta do que están facendo en concellos como Carral”, remachou.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar