A Xunta deixa sen pagar medio millón de euros ás Organizacións de Produtores de Pesca

A Xunta deixa sen pagar medio millón de euros ás Organizacións de Produtores de Pesca

A Xunta deixa sen pagar medio millón de euros ás Organizacións de Produtores de Pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, denunciou hoxe que a Xunta ten sen pagar preto de medio millón de euros en axudas ás Organizacións de Produtores de Pesca –OPP- do ano 2016. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión sobre os retrasos duns pagos que a Xunta comprometera para finais de 2017.

Toja advirte que os plans de produción e comercialización destas OPP están aprobados dende 2014, pero as axudas “están bloqueadas dende a súa orixe”, cunha execución “practicamente nula” dende as administracións implicadas. Esta situación, sinala, obriga ao sector do mar a “anticipar os recursos, co conseguinte custe financeiro”.

Reclamou ademais axuda do goberno galego para a tramitación destas medidas, así como simplificar duns trámites “excesivamente burocratizados”, que resultan “pouco claros” e que xeran unha elevada inseguridade no sector. Esta situación leva a que moitos dos implicados renuncien a solicitar as axudas “polo alto risco de atoparse con que teñan que devolver as axudas”.

Explicou que as Organizacións de Produtores de Pesca son uns organismos recoñecidos oficialmente que se encargan da xestión diaria, desempregando unha función esencial no funcionamento da política pesqueira común e na organización común de mercados.

Estes encárganse de orientar aos produtores cara á pesca e acuicultura sustentables ou orientan a xestión dos afiliados, en definitiva, dixo, “medidas relacionadas coa trazabilidade dos produtos, pesca máis selectiva, sustentabilidade de recursos e melloras na súa comercialización”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar