A Xunta deixa sen executar 30 millóns para fixar poboación ao rural

A Xunta deixa sen executar 30 millóns para fixar poboación ao rural

A Xunta deixa sen executar 30 millóns para fixar poboación ao rural

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de deixar sen executar “30 millóns de euros” do plan para fixar poboación no medio rural apoiado en fondos de cohesión e que foi presentado en marzo de 2017.

A responsable socialista preguntoulle hoxe ao goberno galego, na Comisión de Economía, pola execución dun plan que prevía crear 3.000 empregos directos no agro galego e a posta en valor de 330.000 hectáreas. Criticou o escaso interese demostrado polo goberno galego logo de que as políticas de Feijóo supuxeran a perda de 84.873 habitantes en Galicia dende 2009, acelerando o despoboamento e abandono do rural.

Sinalou que o goberno galego “nunca apostou polo rural” a pesares desta perda de poboación, mentres o Instituto Galego de Estatística augura un “panorama desolador” coa previsión dunha perda de 231.000 habitantes entre 2017 e 2031.

Alerta de que esta situación “afecta directamente ao equilibro do noso Estado de Benestar, entrando nun círculo vicioso no que a dificultade para a prestación de servizos supón a emigración pola falla de servizos e de oportunidades”.

O “triste balance” das políticas de Feijóo, dixo, resúmese nunha “poboación máis envellecida, menos ocupados, máis parados e menor calidade de vida”, derivado dunha xestión “catastrófica” que levou a deixar sen executar ata 100 millóns de euros dos fondos consignados para promoción de emprego só en 2016, “chegando só ao 60 por cento de cumprimento dos seus compromisos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar