A Xunta deixa sen executar 100 millóns de euros para a promoción de emprego

A Xunta deixa sen executar 100 millóns de euros para a promoción de emprego

A Xunta deixa sen executar 100 millóns de euros para a promoción de emprego

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de deixar sen executar un total de 100 millóns de euros consignados no pasado ano para a promoción de emprego. A parlamentaria socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía na que criticou o “desprezo do goberno galego pola situación límite” de milleiros de familias galegas.

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego “se conforme con dicir que fai, pintan no papel as partidas orzamentarias pero logo non as executan” mentres o paro descende en Galicia á metade que no resto do Estado. Reivindicou que “poñan toda a carne no asador” e “empreguen tódolos recursos de que dispoñan” ata achegar a taxa de execución “o máis cerca posible do cen por cen”.

Advertiu que o número de fogares con tódolos seus membros en paro aumentaron ata 69.600, e catro de cada dez persoas viven sen capacidade de afrontar gastos imprevistos, cunha taxa de risco de pobreza do 16,95 por cento e o terceiro salario medio máis baixo do Estado, só por enriba de Estremadura e Canarias.

Rodríguez Rumbo censurou así que a Xunta deixara sen executar o 40 por cento dos seus compromisos orzamentarios para a promoción do emprego, o que supuxo 100 millóns de euros en 2016, que inclúen o Programa de Fomento da Empregabilidade, do que só executaron 49 millóns de euros, apenas a metade.

Esta partida, explicou, incluía por exemplo 14 millóns de euros de partidas para as entidades locais que deixaron sen executar. Nestas partidas estaban orzamentados 1,3 millóns para colaboración coas entidades locais, 2,1 millóns para fomento da empregabilidade de mozos e mozas, 2,2 para contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, 7,7 millóns para subvencionar obradoiros de emprego, 5,7 millóns para contratación temporal de persoas en risco de exclusión a través das entidades locais, ou 720.000 euros de subvención para programas integrados de emprego de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar