A Xunta deixa aos gandeiros sen axudas para paliar os danos ocasionados polo xabaril nos cultivos

A Xunta deixa aos gandeiros sen axudas para paliar os danos ocasionados polo xabaril nos cultivos

A Xunta deixa aos gandeiros sen axudas para paliar os danos ocasionados polo xabaril nos cultivos

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, presentou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego que desbloquee a convocatoria de axudas para paliar os danos ocasionados polo xabaril nos cultivos galegos. O responsable socialista considera “incomprensible” que non se teñan aprobado estas axudas cando os danos continúan a aumentar.

Quiroga acusa ao goberno galego de convocar axudas para os gandeiros afectados “coincidindo tan só cos anos electorais”, como sucedeu en 2016, ano de eleccións autonómicas. Advirte que “os labregos e gandeiros seguen sen saber se van ter acceso a tales axudas, cando os danos están a resultar maiores que na derradeira campaña, e a pesar de que a Xunta segue a recoller as reclamacións dos afectados.

Sinala que “non houbo diminución de exemplares nin redución de denuncias polos danos causados”, e mentres o DOG do pasado 17 de agosto inclúe axudas para medios “que en teoría poden evitar a entrada destes animais nas fincas, ata o día de hoxe nada se sabe de axudas para paliar os graves danos xa ocasionados”.

O responsable socialista advirte que os danos causados en “praderías e cultivos como a pataca, millo e cereais en xeral, aos que nos derradeiros anos se lle engadiron as desfeitas no viñedo, son constantes”. Nas derradeiras semanas, sinala, súmanse os danos aos cultivos de millo, convertidos no “branco preferido para as manadas destes animais que comen unha parte e danan de xeito irreversible outra nos campos de cultivo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar