A Xunta dedícase a cambiar o nome do Hospital da Costa mentres os pacientes agardan máis de un ano por Cardioloxía

A Xunta dedícase a cambiar o nome do Hospital da Costa mentres os pacientes agardan máis de un ano por Cardioloxía

A Xunta dedícase a cambiar o nome do Hospital da Costa mentres os pacientes agardan máis de un ano por Cardioloxía

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, cualificou hoxe de “inaceptable” e mesmo “insoportable” que o goberno galego estea preocupado de cambiarlle o nome ao Hospital da Costa cando hai esperas de máis de un ano para Cardioloxía. Así o dixo logo de preguntarlle á Consellería de Sanidade polo custe desta decisión, que o goberno negouse a revelar.

Torrado levou á Comisión unha cita deste centro hospitalario para Dermatoloxía solicitada o 1 de setembro e concedida para o 3 de maio e outra de Cardioloxía solicitada o 24 de agosto e concedida para o 8 de novembro de 2018, dous exemplos que, dixo, “desmenten por si solos o seu argumento de que as listas de espera están controladas e as axendas pechadas”.

Cualificou de “trapallada” que a Xunta teña decidido cambiarlle o nome ao Hospital “para poñer público nun hospital público” a raíz dunha proposta do PP presentada nunha Comisión na que “os demais falabamos de centros de saúde, das eivas en atención primaria ou da falla de agullas para diabéticos”.

Subliñou que Burela “non necesita cambiar o cartel, o que necesita é unha praza de médico forense para que non teña que trasladarse dende Lugo ou un cardiólogo para que os enfermos non teñan que desprazarse á capital da provincia”.

Criticou que o goberno galego non quixera hoxe explicar “canto custa o seu capricho”, logo de constatar que a Xunta destinara 183.000 euros para cambiar carteis en catro centros hospitalarios de A Coruña. Acusou á Xunta de “por diante poñer carteis mentres por detrás quitan as áreas sanitarias”, en alusión á proposta de reforma da Lei de Saúde, que fará desaparecer as áreas de Burela, Monforte, Valdeorras e O Salnés.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar