A Xunta debe reabrir o Centro de Menores Montealegre "cen por cen público"

A Xunta debe reabrir o Centro de Menores Montealegre "cen por cen público"

A Xunta debe reabrir o Centro de Menores Montealegre “cen por cen público”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamou hoxe a reapertura do Centro de Menores de Montealegre, pechado hai agora cinco anos “de forma temporal mentres duraban as obras”. Blanco presentou esta situación na Comisión de Política Social celebrada hoxe no Parlamento de Galicia.

A deputada socialista reclamoulle ao goberno galego que reabra o centro con carácter “cen por cen público” logo dun peche “temporal, que orixinalmente duraría 8 meses, e xa levamos 62”. Ademais, engadiu, “están a facer unha chapuza a base de modificacións sucesivas que teremos que costear tódolos galegos e galegas”.

Durante todo este tempo, advertiu, os menores ingresados naquel centro, con problemas de conduta, foron incorporados ao centro de Carballeira, sen ningún tipo de problema de conduta. A decisión supón, dixo, unha “irresponsabilidade que provoca o risco de sufrir graves problemas de seguridade”, xa que o centro no que están actualmente non está habilitado para tratar a problemática específica que presentan estes rapaces.

Así o veñen advertindo a policía autonómica, a fiscalía de menores, os traballadores, os técnicos de menores e ata a propia Valedora do Pobo, que preguntou por segunda vez en 2016. Blanco acusou á Xunta de “deixar de lado os criterios básicos de coherencia e sentido común” para levar adiante unha medida que “pon en risco aos menores e ao persoal que traballa no centro”.

Alerta ademais do “risco de que se privaticen os servizos ou que continúe reducindo aínda máis o plantel de traballadores, do que xa foron amortizadas 18 prazas”. Esta situación foi analizada pola Oficina do Valedor xa en 2012, desaconsellando a decisión do goberno galego de trasladar aos menores e instando a revisar unha situación “que non tiña apoio nin en consideracións de orde legal nin de xestión administrativa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar