A Xunta debe poñer en marcha o Centro Sociocomunitario de Rianxo este ano

A Xunta debe poñer en marcha o Centro Sociocomunitario de Rianxo este ano

A Xunta debe poñer en marcha o Centro Sociocomunitario de Rianxo este ano

A deputada socialista Loli Toja reclamou hoxe a posta en funcionamento do Centro Sociocomunitario de Rianxo antes de que remate o ano, co fin de que poida ser utilizado para actividades de envellecemento activo. Toja presentou unha emenda neste sentido a unha iniciativa de En Marea que se debateu hoxe na Comisión de Política Social do Parlamento, e que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista reclamou “recursos materiais e humanos” para a posta en funcionamento do centro, tan só pendente do ascensor. Este é o único requisito pendente antes da súa posta en marcha como instrumento fundamental para garantir a “ancianidade dende un punto de vista activo, consciente, saudable, con calidade de vida e autoxestión” que demandan os maiores Rianxo.

Toja presentou esta petición no debate dunha iniciativa para pedirlle á Xunta a construción do Centro de Día, unha infraestrutura que a día de hoxe non se construíu malia que o Concello puxo un terreo a disposición para este servizo necesario para unha poboación de 11.400 habitantes, máis de 2.700 dos cales son maiores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar