A Xunta debe pedir a dimisión do director xeral de Xustiza do Estado

A Xunta debe pedir a dimisión do director xeral de Xustiza do Estado

A Xunta debe pedir a dimisión do director xeral de Xustiza do Estado

A portavoz de Xustiza do grupo socialista, Patricia Vilán, vén de rexistrar varias iniciativas no Parlamento nas que insta á Xunta a demandarlle ao Goberno do Estado a dimisión do director xeral de Xustiza e reclama unha auditoría externa que avalíe a implantación do sistema LexNet en Galicia. Vilán pide que o goberno galego se pronuncie ante “a gravidade das noticias sobre o libre acceso aos datos persoalísimos” que manexa a Administración de Xustiza.

 

A socialista lembra que “xa hai tempo que os distintos operadores xurídicos advertían de que a fiabilidade do sistema non era boa, fiable nin controlable”, e que desde a súa implantación o 1 de xaneiro de 2016 este sistema presenta “multitude de problemas”. Vilán pregunta se a Xunta coñecía estas advertencias e se “ten coñecemento do alcance deste ataque contra os dereitos fundamentais dos cidadáns de Galicia”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar