A Xunta debe intervir para amortiguar os efectos da adquisición do Banco Popular polo Santander

A Xunta debe intervir para amortiguar os efectos da adquisición do Banco Popular polo Santander

A Xunta debe intervir para amortiguar os efectos da adquisición do Banco Popular polo Santander

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe a implicación da Xunta de Galicia para “amortiguar os efectos” da adquisición do Banco Popular por parte do Santander. Así o dixo logo dunha xuntanza cos responsables do sindicato CC.OO. nas dúas entidades financeiras, cos que se comprometeu a presentar iniciativas parlamentarias sobre os efectos do proceso en Galicia.

O responsable socialista anunciou unha serie de propostas para acadar a resposta do goberno galego a esta situación. Advertiu sobre o impacto da operación nos empregos directos e indirectos, así como na exclusión financeira dos núcleos de poboación do interior de Galicia que están en risco de quedar sen ningunha entidade financeira.

Os socialistas galegos reclaman “unha resposta clara” por parte do goberno galego dirixida tanto a explicar a situación como a presentar as súas actuacións de cara ao futuro dun proceso no que Galicia resulta “especialmente afectada”. Lembrou que o Banco Popular contaba cunha importante carteira de clientes galegos procedentes da súa anterior adquisición do Banco Pastor.

Fernández Leiceaga lembrou ademais a “comprensible resposta dos inversores afectados por unha operación na que se senten enganados”, e reclamou unha “solución rápida” dende o eido xudicial que lles permita recuperar os seus aforros.

O responsable socialista estivo acompañado nesta xuntanza polos portavoces de Política Institucional, Emprego e Industria, Juan Díaz Villoslada, Noela Blanco e Abel Losada, respectivamente. Por parte do sindicato participaron a secretaria xeral da federación de Servizos, Lucía Trenor, o responsable do sector financeiro, Francisco Villares, e a responsable de CCOO no Banco Popular, Marina Genaro.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar