A Xunta debe garantir a transparencia, competencia e legalidade na contratación dos helicópteros de Gardacostas

A Xunta debe garantir a transparencia, competencia e legalidade na contratación dos helicópteros de Gardacostas

A Xunta debe garantir a transparencia, competencia e legalidade na contratación dos helicópteros de Gardacostas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, esixiulle hoxe ao goberno galego que garanta “transparencia, libre competencia e a xestión dos servizos públicos dentro da legalidade” no proceso de contratación do Servizo de Gardacostas, que inclúe dous helicópteros e que vén de ser declarado deserto. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que garanta continuidade do servizo que remata en outubro.

Criticou que a resposta da Xunta, logo desta xestión “chapuceira e temeraria”, teña sido emitir unha “consulta ao mercado” sobre o custe do servizo, demostrando a súa “incompetencia absoluta”. Acusounos de “poñer os intereses dun empresario por riba da seguridade dos galegos e das galegas”, nunha mostra de “capitalismo de amiguetes” e de “irresponsabilidade”.

Toja lembrou que a propia UE determina que no caso de pedir o asesoramento dunha empresa vinculada a un candidato ou a un licitador, como é neste caso, “o poder adxudicador tomará as medidas adecuadas para garantir que a súa participación non falsee a competencia”. Advertiu que “se se trata de facer un traxe á medida da empresa, teñen unha Directiva da UE que llelo impide” -2014/24/UE-.

Xogar coa seguridade

A responsable socialista criticou a “incapacidade absoluta e manifesta” demostrada pola Consellería de Pesca para xestionar os recursos públicos, mentres demostra que “estase xogando coa seguridade das persoas que traballan no mar. Lembrou que no que vai de século XXI foron rexistrados cen sinistros marítimos en Galicia, que “os medios de salvamento non poden evitar, pero si evitan que haxa perda de vidas”.

Resumiu o proceso de compra de dúas aeronaves polo goberno do PP en 2005 por 27 millóns de euros, que serían malvendidas en 2012 por só 13, nun proceso cuestionado mesmo polo Consello de Contas, pasando de pagar 2 millóns anuais polo servizo a un total de 9. O resultado, dixo, é que “hoxe non temos nin aeronaves, nin persoal, nin contrato para a xestión do servizo de Gardacostas”.

Os socialistas galegos presentaron unha proposta para reclamarlle ao goberno galego que garanta a continuidade do servizo de gardacostas unha vez finalizado o concurso actualmente en vigor, e que as naves non sexan substituídas por outro modelo obsoleto, e que será votada mañá mércores.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar