A Xunta debe facer unha Comisión de Seguimento do CHUOU coa participación da Xunta de Persoal

A Xunta debe facer unha Comisión de Seguimento do CHUOU coa participación da Xunta de Persoal

A Xunta debe facer unha Comisión de Seguimento do CHUOU coa participación da Xunta de Persoal

A deputada socialista Noela Blanco reclamou hoxe a posta en marcha dunha Comisión de Seguimento das obras de ampliación do Hospital de Ourense, que conte “coa participación da Xunta de Persoal”. Así o dixo na sesión de control ao goberno galego, na que censurou o “festival de datas” para a apertura comprometidas polo presidente da Xunta.

A responsable socialista alertou contra unha “operación” semellante á do Hospital de Vigo, e subliñou que “non queremos ter que pagar 12 euros por utilizar o aparcamento”, ou que pase “como no HULA, que cando hai un fenómeno tan estraño como a chuvia teñan que abrir os muros para desafogar”. Reclamou ademais que manteñan a cociña co seu persoal e “non se limiten a poñer unha liña fría”.

Blanco criticou que o presidente da Xunta se enfronte as campañas electorais “conxugando á perfección o verbo prometer” para que “cando pasan as eleccións pasa a conxugar o verbo incumprir”. Cualificou de “esperpento” unha actuación que viu reducido o seu orzamento nun 28 por cento entre a licitación e a execución e que a Xunta mesmo retrasa o recepcionamento “por problemas graves coa infraestrutura”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar