A Xunta debe asumir as súas responsabilidades e resolver as incidencias provocadas polo traslado do 112

A Xunta debe asumir as súas responsabilidades e resolver as incidencias provocadas polo traslado do 112

A Xunta debe asumir as súas responsabilidades e resolver as incidencias provocadas polo traslado do 112

O portavoz do Grupo Socialista na Comisión Institucional do Parlamento, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle hoxe á Xunta que faga “todos os esforzos necesarios” para resolver as incidencias provocadas polo traslado do 112 á Estrada. Así o dixo logo da visita institucional da Comisión que solicitaron os socialistas galegos e que finalmente tivo lugar hoxe xoves pola tarde.

O responsable socialista amosou a súa sorpresa ante as explicacións dos responsables de Emerxencias do Goberno galego, que aseguran que “todo funciona con normalidade” a pesares das incidencias que se deron, con concellos que tiveron que asumir a atención ás emerxencias porque o 112 non daba resposta.

Dixo que “non nos gusta pensar que dalgunha das palabras que escoitamos se lles poida botar a culpa precisamente aos traballadores precisamente cando hai moitos temas que solucionar, como pode ser unha mellor formación e melloras na plataforma de sistemas”.

Comité de Empresa

Díaz Villoslada sinalou que precisamente o Comité de Empresa, que representa a aqueles traballadores e traballadoras, aos que non lles permitiron a entrada durante a visita ás instalacións nas que traballan, “o que permitiría contrastar as explicacións dos responsables do servizo”. Os deputados socialistas tiveron que manter un encontro con estes traballadores logo de ver as novas instalacións do 112.

O responsable socialista participou desta visita da Comisión Institucional do Parlamento de Galicia na que tamén participou a deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo, na que foron atendidos polo director xeral de Emerxencias do goberno galego, Luis Menor. Os deputados socialista mantiveron ademais un encontro cos membros do Comité de Empresa ao remate da visita.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar