A Xunta debe asumir as competencias de mellora da seguridade no noiro de A Portela, en Petín

A Xunta debe asumir as competencias de mellora da seguridade no noiro de A Portela, en Petín

A Xunta debe asumir as competencias de mellora da seguridade no noiro de A Portela, en Petín

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, esixiulle hoxe ao goberno galego que asuma as súas competencias para garantir a seguridade na intersección entre as estradas autonómicas OU-134 e OU-533, no noiro do núcleo de A Portela –Petín-. O PP vetou a proposta socialista presentada neste sentido polos socialistas na Comisión de Obras Públicas do Parlamento.

Fernández presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria sobre o derrube parcial no noiro de suxeición de terras do vial que ameaza co derrube de parte da praza pública que se atopa na parte superior. Advertiu que o muro construído de apenas catro metros de longo por un metro de alto non resolve o problema, xa que non impide a caída de cascotes e terra ao vial e non evita o risco de derrubamento.

O parlamentario socialista acusou ao PP de “mirar para outro lado” mentres o Concello remite un informe oficial do asesor técnico do Concello no que sinala estes riscos. Lamentou que “continúen coa súa estratexia de apoiar iniciativas cando se trata de competencias do Goberno central pero evitalas cando a responsabilidade recae sobre a Xunta de Galicia.

Os socialistas reclamaran pedirlle á Xunta que “proxecte e execute as obras necesarias no noiro de A Portela –Petín-, que garantan a seguridade das persoas usuarias da praza pública e dos viais colindantes –OU – 134 e OU – 533-”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar