A Xunta conxela os fondos para emprego mentres a ocupación medra en Galicia a metade que no conxunto do Estado

A Xunta conxela os fondos para emprego mentres a ocupación medra en Galicia a metade que no conxunto do Estado

A Xunta conxela os fondos para emprego mentres a ocupación medra en Galicia a metade que no conxunto do Estado

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe que a Xunta teña “conxelados” os fondos destinados ao impulso do emprego. Na comparecencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria na Comisión de Orzamentos do Parlamento, apuntou á escasa execución das partidas de fomento da empregabilidade, por debaixo do 20 por cento.

O responsable socialista advertiu que, de acordo cos datos da EPA coñecidos onte, a ocupación “medra escasamente a metade do conxunto do Estado”. Neste contexto, considera “excesivamente optimista” que o conselleiro teña previsto crear 17.500 empregos no próximo ano, cando en 2017 só puideron crear 14.500 e “cando din que a situación de Cataluña vai provocar un crecemento menor”.

Losada advertiu que en Galicia “rexistramos unha característica peculiar, somos o único goberno autonómico na que con 14.500 ocupados mais rexistra 25.000 parados menos”, e reclamou unha “hipótese de traballo que explique este fenómeno e clarificar se realmente a xente se desanima, marcha ou o que sexa”.

Criticou que neste contexto a Consellería teña “conxelados” os fondos para emprego, e os datos de execución orzamentaria coñecidos a terceiro trimestre do ano revelan que tan só gastaron o 19,3 por cento as partidas consignadas a fomento da empregabilidade. Advertiu que a Xunta deixou sen investir 263 millóns de euros do programa de Promoción do emprego, no que só executaron o 25,1 por cento.

Engadiu que o crecemento rexistrado supón o incremento do emprego precario e polo tanto dos traballadores pobres, das familias con dificultades para chegar a fin de mes, e aínda hai 61.700 familias con tódolos seus membros en paro, o que evidencia que o emprego “non é unha prioridade para este goberno”.

Economía e Industria

O responsable socialista criticou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria rexistre “crecemento cero” ao medrar un 3,2 por cento, o mesmo que aumenta o IPC, e que ademais sexa a terceira que menos medra de todo o goberno. Criticou as baixas taxas de execución das partidas previstas, que resulta “extremadamente baixo” para o terceiro trimestre.

De acordo con estes datos, a promoción de emprego e institucións do mercado de traballo só executaron o 25,1 por cento do previsto, con partidas específicas, como a de fomento da empregabilidade, que apenas chega ao 19,3 por cento. No caso de industria, enerxía e minaría tan só executaron o 25,8 por cento, en desenvolvemento empresarial o 13,4 por cento, e o 12,4 por cento en comercio.

Finalmente, sinalou a alta dificultade de acceso a medidas como o tique eléctrico social, que ademais afecta a tan só 3.232 fogares, apenas o 10 por cento dos fogares sen ingresos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar